Ir al contenido principal

Como sería un 11 só de xogadores galegos?

Fai un par de meses a Irmandiña volveu a xogar un partido oficial. O mítico estadio de Balaídos recibeu a unha selección que, se ben pode ser tomada de exemplo para este post, os compromisos cos seus clubes dalgúns xogadores galegos impidíronlles formar parte dela. Neste artigo poderedes ver o que sería baixo o noso punto de vista o '11' perfecto dunha selección galega. ¡Empezamos!

A formación escollida é un 4-3-2-1, buscando en todo momento un xogo moi vertical e transicións rápidas.

PORTEIRO: IVÁN VILLAR

Iván Villar, porteiro do Real Celta de Vigo | La Voz de Galicia

Nunha posición na que non hai demasiado talento galego―quedando atrás os días nos que o betanceiro Paco Buyo defendía a portería da Roja―, o escollido é agora porteiro titular do Celta Iván Villar (Aldán, 1997). Un seguro baixo os paus que, aínda que sexa unha das posicións menos fortes desta idílica Irmandiña está dando moito que falar en LaLiga.

Outros porteiros que poderían formar parte dunha convocatoria son Rubén Blanco ou o veterano Diego Mariño.

LATERAL DEREITO: LUCAS VÁZQUEZ

Lucas Vázquez, xogador do Real Madrid | Real Madrid Curiosidades

Para a posición de lateral dereito non podía ser outro que Lucas Vázquez (Curtis, 1991). Un xogador veterano, actual campeón da UEFA Champions League, que aportaría á Irmandiña liderazgo na banda dereita. Outras opcións para esta posición foron Jonny Otto ou Hugo Bueno, así como os prometedores Sergio Carrera e Javi Rodríguez. Unha posición máis que cuberta na nosa selección galega.

DEFENSA CENTRAL: CARLOS DOMÍNGUEZ

Carlos Domínguez, xogador do Celta de Vigo | Faro de Vigo

Quizais a posición con máis dúbidas deste 11, pois na actualidade non existen grandes centrais galegos máis alá dalgunha xoven promesa. Outra das opcións sería colocar a laterais na posición de central―pois algún deles chegou a cubrir a posición nos seus clubes―, mais decidimos facer unha aposta de futuro. O primeiro dos centrais, Carlos Domínguez (Vigo, 2001) xa conta con algo de experiencia na máxima categoría do fútbol español. Titular no Celta de Claudio Giráldez, é unha garantía de talento.

DEFENSA CENTRAL: LUCAS TAIBO

Lucas Taibo, xogador do Sporting de Portugal | La Opinión A Coruña

Acompañando a Carlos Domínguez atopamos a aposta máis arriesgada deste 11. O ex-deportivista Lucas Taibo (A Coruña, 2006) é o benxamín deste once. Xogador do segundo equipo do Sporting de Portugal, apunta a un defensa de clase mundial nun futuro, polo que decidimos apostar por el para acompañar a Carlos Domínguez no centro da defensa.

LATERAL ESQUERDO: ANGELIÑO

Angeliño, xogador da Roma | Transfermarkt

Aínda que Álvaro Carreras ou Guille Bueno son outras apostas interesantes para o lateral esquerdo, o xogador da Roma Angeliño (Coristanco, 1997) debía ser o escollido para esta posición. Se ben non está no mellor momento da súa carreira, a súa explosividade pola banda e experiencia no fútbol europeo son suficientes para que sexa o escollido para ser o dono do carril esquerdo da Irmandiña.

PIVOTE: NICO GONZÁLEZ

Nico González, xogador do Porto | SPORT

A posición de pivote conta con dous xogadores moi xóvenes interesantes, como pode ser o caso do canteirán do Liverpool Stefan Bajcetic, ou o que é o finalmente escollido. Nico González (A Coruña, 2002)―fillo do mítico Fran González, que os deportivistas recordarán con cariño―é o indicado para ser o xogador máis atrasado dun centro do campo moi creativo. O agora xogador do Porto, ex do Barcelona ou Valencia, ten a suficiente experiencia coa súa corta idade para dar moito que falar na Irmandiña.

INTERIOR: BRAIS MÉNDEZ

Brais Méndez, xogador da Real Sociedad | Marca

Quizais o xogador máis en forma deste 11, o xogador da Real Sociedad Brais Méndez (Mos, 1997) foi a sensación na Champions League a pasada temporada. Dende unha posición de interior, aportou ao conxunto de Imanol Alguacil toda a creatividade que necesitaba para unha campaña histórica. Outros xogadores como Denis Suárez, Diego Villares ou Santi Comesaña buscarían facerse coa posición, mais Brais Méndez sería a estrela do equipo.

INTERIOR: GABRI VEIGA

Gabri Veiga, xogador do Al-Ahli | GaliciaPress

Acompañándoo no centro do campo estaría outro canteirán do Celta de Vigo. Agora contactado polo Atlético de Madrid tras unha decepcionante marcha ao fútbol saudí, Gabri Veiga (Porriño, 2002) acompañaría a Méndez, podendo incluso incorporarse á línea de mediapuntas e crear unha formación 4-2-3-1. Unha aposta máis que segura.

MEDIAPUNTA: IKER LOSADA

Iker Losada, xogador do Betis | Estadio Deportivo

Nunha dianteira con xogadores moi experimentados facía falta algún talento galego máis xoven, e ese é o caso do agora xogador do Real Betis Iker Losada (Catoira, 2001). Tras unha increíble temporada no Racing de Ferrol, consigueu un máis que merecido salto á primeira división. Xuventude e explosividade que todos os aficionados do fútbol español poderán disfrutar na máxima categoría, e que sería titular indiscutible da Irmandiña.

MEDIAPUNTA: LUCAS PÉREZ

Lucas Pérez, xogador do Dépor | Marca

Non podía faltar o neno nun 11 de xogadores galegos. Podendo xogar tamén en punta, o deportivista Lucas Pérez (A Coruña, 1988) foi o mellor asistente de Primeira Federación o ano pasado, polo que consideramos que dende unha posición de mediapunta aportaría toda a creatividade que necesita este equipo. Un xogador mítico e unha lenda do Deportivo que por fin volve ao fútbol profesional.

Para esta posición poderíase xogar tamén con extremos, sendo David Mella ou Hugo Álvarez apostas de futuro para relevar aos máis veteranos.

DIANTEIRO CENTRO: IAGO ASPAS

Iago Aspas, xogador do Celta | El Confidencial

Non podía faltar el. O xogador que puxo Galiza no mapa durante tantos anos, a estrela dun Celta que chegou a xogar competicións europeas. Iago Aspas (Moaña, 1987), xa no ocaso da súa carreira, sería o capitán e xogador insignia dunha nostálxica irmandiña. Se ben nos últimos anos ocupou máis unha posición de mediapunta, neste equipo volvería a ser un '9' goleador.

Dende o banquillo, como xogador 12 sairía en todos os partidos o tamén veterano ex-xogador do Real Madrid Joselu Mato (Stuttgart, 1990). Criado en Silleda, o actual campeón da Champions League e Eurocopa é o revulsivo perfecto para calquer equipo, incluso podendo xogar de titular se o partido o necesita. Un seguro de vida.

Polo tanto, a nosa Irmandiña sería así: Iván Villar; Lucas Vázquez, Carlos Domínguez, Lucas Taibo, Angeliño; Brais Méndez, Nico González, Gabri Veiga; Iker Losada, Lucas Pérez; Iago Aspas.

















Comentarios

Entradas populares de este blog

Acierto total: Laia Aleixandri

Recientemente, el Fútbol Club Barcelona anunció la llegada de la defensa catalana Laia Aleixandri para las próximas 4 temporadas. La de Santa Coloma de Gramenet llega al club con 24 años, después de abandonar la disciplina culé con 16 años, dirección Atlético de Madrid. Aleixandri era considerada desde sus inicios como una prodigio del fútbol a nivel nacional, debutando con el Barça B en segunda división a los 14 años de edad. Un debut prematuro que auguraba un gran futuro para una futbolista que se convertiría en indiscutible en todas sus posteriores aventuras futbolísticas. La catalana Laia Aleixandri, nueva fichaje del FC Barcelona | El Periódico Laia debutó a sus 18 años en la Selección Española absoluta, convirtiéndose en una habitual de las convocatorias desde los 20 años de edad, cuando ya era jugadora clave de todo un Atlético de Madrid con el que sería dos veces campeona de liga, equipo del cuál, además, sería una joven capitana. Después de varios e importantes títulos y de un...

GUÍA de la BUNDESLIGA 2025/26

En breves arrancará la Bundesliga 2025/26, la máxima competición del siempre atractivo fútbol alemán. Una de las ligas más potentes del mundo da su pistoletazo de salida el viernes 22 de agosto con el Bayern de Múnich, reciente campeón y dominador histórico de la competición, recibiendo a un reforzado pese a las bajas RB Leipzig. El primero de los muchos partidazos que viviremos durante esta campaña, en un torneo más igualado que nunca pese a tener, a priori, un claro ganador. Las batallas por el descenso y competiciones europeas pretenden estar más reñidas que nunca.  Te lo contaremos todo durante el curso en El Parque, pero antes, aquí va una completa guía sobre cada equipo. ¿Quién ha fichado mejor? ¿Qué equipo podría mejorar? ¿A qué juega cada conjunto? Te damos la respuesta a todas las cuestiones. FC AUGSBURGO POSICIÓN 2024/25: 12 º (43 puntos) Hasta el 2012, el Augsburgo fue un equipo que oscilaba entre la segunda y la tercera división del fútbol alemán. El humilde conjunto ...

Guía de LaLiga 2025/26

Después del largo verano, por fin ha vuelto la liga de nuestro país. LaLiga se estrena con un interesantísimo Girona-Rayo Vallecano el día de hoy. Tal y como fue realizado en el resumen de la Premier League, en este artículo conoceréis un poco más sobre las expectativas de cada uno de los clubes para esta competición. LaLiga 25/26 | AVPasión ATHLETIC CLUB ÚLTIMA TEMPORADA: 4º (70 puntos) Fundados en 1898, son uno de los clubes más históricos del fútbol español. Aparte de ser uno de los cuatro clubes cuya propiedad es de los socios, es, junto a Real Madrid y Barcelona, el único club que jamás ha bajado a Segunda División. Históricamente, se le conoce por ser una de las mejores canteras de España, con una filosofía de juego única, pues todos sus jugadores deben ser nacidos o formados en Euskal Herria. Ha conseguido todos los títulos nacionales que pueden ser logrados, incluyendo una Copa del Rey en 2024, aparte de haber disputado competiciones europeas. En la historia más reciente, los b...